Número total de visualizações de páginas

terça-feira, julho 10, 2007

Sal groso


Sorpréndeme que ninguén proteste polo persistente e degradante machismo ao que nos teñen afeitos Os Tonechos no seu show. Poida que teñan moito éxito, que pola súa parodia de tontarráns paletos se lles permita a moitos nenos e nenas velo como algo inócuo, e que no fondo non fan outra cousa que retransmitir con altavoz e en horas privilexiadas para a audiencia a visión máis cruamente machista que impera na sociedade dun xeito tan pouco sutil que máis ben perxudican a ideoloxía que representan mais... aínda así, nunha sociedade que deterrou a Shin Chan por machista ou que lle esixiu a Teté Delgado disculpas por non sei que comentario puntual pouco afortunado, ¿Como é posíbel que soportemos a degradante visión que os Tonechos nos ofrecen das mulleres? ¡De todas as mulleres que aparecen no show ou ben no papel de obxectos sexuais ou ben de vacas-burras!

14 comentários:

Anónimo disse...

Tes toda a razón, pero tamén ofrecen unha visión degradante do mundo masculino.

Ana Bande disse...

Pois será que ten que haber de todo, sempre se pode reconvertir ese bodrio nunha razón máis para non prender a TV pero se vostede ten folgos podemos omezar no blogomillo unha campaña en contra deste dúo, verá como se nos botan enriba unha chea de bichos con boina...

SurOeste disse...

Agardo con interese os argumentos de defensa da groseira caldoubada que nos serven semanalmente Os Tonechos no seu show.

Anónimo disse...

Pois a min ao principio facíanme gracia, agora o show q fan é un poco bodrioso con tanto baile, e os chistes e as tramas pois en fin... E os personaxes eu sempre interpretei q era unha parodia dos típicos túzaros, pero xa lles digo que hai tempo q esta temporada non os vin moito...
Tampouco hai q xeralizar, prender a TV pode ser tan bo ou malo como o programa q esteas vendo, e a min hai cousas do canal CUatro que me gustan moito.

Anónimo disse...

E as gharotas, qué! Pareceche normal o das gharotas?

SurOeste disse...

A min o outro día todo me parecía surrealista e sen chisco de gracia sobre todo, insisto, porque hai moitísimos nenos e rapaces que o ven.

Anónimo disse...

Perdoa, que son gharotas?
Eu só digo que ao principio facíanme gracia, agora non tanta, porque parece todo feito para rellenar. En canto ao tema dos nenos, pois non, non me parece un programa para nenos, pero iso sería outro debate, porque o que botan pola tarde na tele... en fin!
A ver, que parece que son eu a defensora dos tonechos e tampouco é iso. Non sei, supoño que será algo tipo os morancos, dependendo de gustos...

torredebabel disse...

non son quen de opinar porque non os soporto. O día que mais tempo os vin foi durante dez segundos e non o volvo facer.

Isabela Figueiredo disse...

Em Portugal temos exemplos iguais e também ninguém reclama. Penso que as pessoas acham graça aos pícaros.
E, o que também é mau, temos apresentadores de programas de entretenimento que ainda precisam de partenaires que os vêm ajudar a tirar os casacos e a segurá-los, e cuja única fundão é essa.
Vai levar muito, muito tempo a mudar a ideologia de que a mulher é um objecto. Não será no nosso tempo. Talvez no dos teus filhos. TAlvez.

Anónimo disse...

¿E non pensades q as mulleres contribuimos a esa situación? Nós mesmas estamos obsesionadas polo físico, e só polo das mulleres. Hoxe en día unha muller ten q aparecer impecable en calquera reunión e mesmo á hora de valorar as políticas (por exemplo) sempre cae algún comentario do físico. Non penso que sexa culpa só do sexo masculino ou de shows coma os dos tonechos.

SurOeste disse...

A min a personaxe de Amadora paréceme a apoteose da misoxinia.

Anónimo disse...

Os Tonechos, logo, por oposición, deben ser, por pares, a apoteose do home perfeito.

SurOeste disse...

Aí está o paradoxo: eles non se achegan nin de lonxe ao ideal de masculinidade imperante e, aínda así sempre se sitúan nun papel dominante e insultante.

Anónimo disse...

no caso oposto atópanse "los hombres de paco" unha serie que degrada ata límites insospeitados ao sexo masculino. (á marxe disto tés razón no de amadora)