Foto de X.B. Arias
Ao il pronunciar as derradeiras verbas, a Vella axionllouse, bateu coa fronte no chan en sinal de sumisión absoluta, pormenorizada no Ritual de Comportamento da Caste Recuada. Logo, e de acordo cos mesmos textos, encolleuse sobor do sobrado en actitude fetal, entramentres o Gardián se erguía, axuntaba os talóns, introducía o casco na cabeza esférica e pelada e saudaba cun longo aturuxo sen fin, ondulante coma unha anguía, á mención do Entrelazo Sagro, símbolo e resume da Orde Interminábel.
X.L. Méndez Ferrín, 1974, "Partisán 4", Elipsis e outras sombras.
X.L. Méndez Ferrín, 1974, "Partisán 4", Elipsis e outras sombras.
5 comentários:
Este post adícollelo a Feijoo, a Manuela López Besteiro e a outros tantos "siseñormandosté" coma eles.
axionllome, axionllaste, axionllase... moito coñecemos este verbo. Máis do saudable. Máis do necesario...
Fai moitísimo que lín ese libro... tería que botarlle unha nova ollada, xa que anque me gusta en xeral case todo Ferrín (bueno, o 'Crepúsculo' fora o que menos...), gardo unha lembranza particularmente pracenteira deste libro...
Menudos saltos que das, sul! De estar co coco e a piña colada, a deitarte axeonllada fronte ao poder patriarcal!
xD
Querido Fra, aínda baixo as máis duras penitencias da máis afastda espenunca, o sangue ségueme fervendo coas novas que me chegan do século, que outra cousa pode unha facer que manifestar o Noxo.
Im pre sionante foto, xa viñen vela unhas cantas veces...ten moita forza.
Enviar um comentário