Nunca estiven no inferno. A vez que máis me acheguei o cheiro a xofre picábame tanto nos ollos e rañábame tantísimo na gorxa que recuei como poiden. TEño un tío avó que cando chegaba cunha chispa á casa falaba marabillas do inferno. que se Sarita Montiel, que se Lola Flores...nada que ver co ceo que, sempre segundo el, non tiña máis ca beatas de pernas coma carabullos (agora só nos faltaba que fose para alí Pinochet). Pero este tío noso era daqueles que cantaban o Himno de Riego e é posible que o idealizase un pouco. Pepín, tesme que instruír máis nisto do inferno para poder establecer Leis e excepcións. Bicos ao dous.
3 comentários:
pode ser... e non estará tan mal coñecer o propio inferno despóis de todo.
botar a andar.
bater cun mesmo
calquera día desta vida
e ser os dous.
(así o presentía eu, o labirinto, e o inferno mesmo, e non andaba moi desencamiñado)
p.d.: ¿será esto unha excepción?
Nunca estiven no inferno. A vez que máis me acheguei o cheiro a xofre picábame tanto nos ollos e rañábame tantísimo na gorxa que recuei como poiden.
TEño un tío avó que cando chegaba cunha chispa á casa falaba marabillas do inferno. que se Sarita Montiel, que se Lola Flores...nada que ver co ceo que, sempre segundo el, non tiña máis ca beatas de pernas coma carabullos (agora só nos faltaba que fose para alí Pinochet). Pero este tío noso era daqueles que cantaban o Himno de Riego e é posible que o idealizase un pouco.
Pepín, tesme que instruír máis nisto do inferno para poder establecer Leis e excepcións.
Bicos ao dous.
Enviar um comentário