Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, dezembro 11, 2006

Amigos ata no inferno


Deus é bon....o demo non é malo. Todos coñecemos o prudente, por non dicir cínico, dito popular, o por se acaso do que en calquera momento pode virar a chaqueta para salvar o pelello ou o que sexa. Eu entendín a súa verdadeira dimensión esta fin de semana.
Estaba eu cunha xente católica, apostólica e romana e, por se é necesario dicilo, absolutamente conservadora, aínda que tamén supersticiosa, de maneira que dentro da súa lóxica cabería facer ritos máxicos para, por exemplo que che quiten o mal de ollo ou, por que non?, unha verruga. Se Deus non funciona, malo será que o demo...
Ai, ai! eu atea como son e mira que mo dicía a miña avoa: hai que ter amighos ata no inferno!!!
Peor para min.

1 comentário:

Moralla disse...

o teu blog ten cor, luz e orixinalidade, grazas por compartilos con nós, e grazas polo teu comentario no meu blog!
Escribín un comentario no teu post de "Babilonia"
UNha aperta