Que mellor día que o de noiteboa en que se reúne a familia para compartir un tempiño de vagar nese programa de limpeza xeral que se vai pospoñendo por unhas cousas ou outras?
Pois veña! Mesmo é divertido limpar portas e ventás en animada conversación. Ata o meu pai, imbuído de espírito colaboracionista, se animou coa fregona e o trapiño. Chegoume á alma.
A limpeza en familia une moitísimo, xúrovolo.
Pois veña! Mesmo é divertido limpar portas e ventás en animada conversación. Ata o meu pai, imbuído de espírito colaboracionista, se animou coa fregona e o trapiño. Chegoume á alma.
A limpeza en familia une moitísimo, xúrovolo.
7 comentários:
Eu, o día de Nadal, tamén estiven de limpeza. Que cousa máis entrañable¡ Ao tempo que limpaba a casa sentía o meu espirito máis limpo.
Como era aquilo de "dolor de los pecados y propósito de enmienda" (sei que esquezo algún paso fundamental). Dádesvos conta como pase o que pase as estruturas básicas inculcadas nas tenras idades persisten. A confesión sublimada en limpeza xeral!!
Qué sorte, na miña casa escaquéanse todos, é o final, a única que limpa son eu...case que vou ter que buscar unha familia adoptiva coma a túa! jaja
OHH,Pirata, non o vas crer mais son unha desas raras persoas que non ten TV na casa (para canto máis antena parabólica!)
e non queriades vir todos á miña casa?? xúrovos que hai moitísimo que limpar e teríamos motivo para xuntar a varias familias...
Se é a mantido, trato feito!
Mon Dieu!
A escravitude da limpeza! Haberá tormento maior para pasá-las festas?
Un é moi señorito, e tende a lembrar eses romances e historias decimonónicas onde os protagonistas se limitan a pasá-lo día en suntousos castelos cheos de artefactos vellos e cousas que acugulan o pó. E parece que sempre teñen algunha especie de campaíña semimáxica coa que conseguen que a comida apareza e desapareza, e as cousas se limpen soas, o lume prenda na lareira e a botella de Brandy reencha...
A aristocracia imposíbel...
Bon Nadal, Suroestiña!
Enviar um comentário