Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, janeiro 23, 2012

Lista de cousas inútiles


–Pedir cartos prestados para facer unha película surrealista que non van ver nin os teus amigos
–Escribir un libro que non lle poidas regalar nin á túa nai
–Traballar sen ter asegurado un salario
–Traballar de máis aínda tendo asegurado un salario
–Ler un poema
–Ver unha posta de sol sen sacar fotos
–Contar estrelas
–Contar as areíñas do chan
–Clamar no deserto
–Escribir entradas para o teu blog

12 comentários:

homburg disse...

Pero canta beleza pode haber en tantas desas inutilidades! Claro que, ben sei, en si mesma a beleza é outra cousa inútil, entre outras razóns porque non deixa de ser relativa e, sendo así, pode atoparse nunha navallada nun ollo.

XF disse...

Define inútiles!
Un abraço

SurOeste disse...

Inútiles: todas aquelas couusas ás que non se lles pode, aparentemente, sacar unha rendabilidade práctica, as máis das veces de índole económica (en primeira instancia ou en instancias posteriores).

COMENTARIO:
O contexto en que se produce esta "Lista de cousas inútiles" é nunha clase da ESO na que un alumno interrompe unha lectura en común de poesía para preguntar para que lle vale a poesía a alguén que vai facer o bacharelato de ciencias (Vid. comentarios da entrada anterior)

Anónimo disse...

Desculpe que entre sen chamar á porta, pero ese que vostede di co alumno é a poesía un clásico do "pragmatismo" adolescente (ou adulto ignorante). Non se me veña abaixo. A un paxariño moi querido lle dicían os seus alumnos hai tempo, cando traballou nun pobo da Andalucía profunda, que só querían casar (elas) e ir á oliva (eles). Hai poco falou con algún/ha deles e lle recoñeceron o parvos que foran por non estudar, sobre todo tal e como está hoxe o panorama. O rapaz de ciencias ao mellor dentro duns anos é un científico poeta e se a ve pola rúa pensará o parvo que era cando rapaz. Non o descarte. E se non neste caso, noutros. Cando un medra sabe que as mellores cousas da vida son gratis, e o carto (e o interese) son categorías á marxe. Coido.

Anónimo disse...

Perdón, a frase é: "pero ese que vostede di co alumno e a poesía é un clásico".
Non sei en que andaba...

XF disse...

Einstein once said: "People like chopping wood, because it shows immediate results."

juan manuel disse...

A beleza non e inútil nunca. En certo modo atopar a beleza, o mais ben decatarse de que podes ter a beleza arredor de ti xa e moito, sentila e mais do que un mortal pode esperar de cada día. Quédome có de contar estrelas porque ainda que o que vou decir non e bello podo decilo sen sonroxo, estas entre elas.

juan manuel disse...

Vexo que o tema non é a utilidade da beleza se non as cousas útiles, meu deus cantas cosas útiles nos desfan a vida e nos deixan sen ver que a vida non entende de cousas útiles ou inútiles. Un olor por meu reino, dademe un olor e explicarei o mundo...

torredebabel disse...

home non, surOeste!! o do blog non que, cando menos a min, algunhas cousas atopadas no blogomillo cambiáronme a vida, eh? Bicazos! :-)

SurOeste disse...

Na rede dos soños do blogomillo pescamos algún peixe rutilante, é certo, pero son dunha calidade de peixe que non cotiza nos mercados de valores bursátiles.

Raposo disse...

A lista sería moi longa. Pon nela tamén o Senado, por exemplo.

Balonga disse...

Quizabes é axeitado para o blogue o que di o escritor Javier Cercas: "escribir es unha forma socialmente aceptada de hablar solos sin incordios".