Número total de visualizações de página

sexta-feira, agosto 12, 2011

Too much gallego, querida Julia Otero

Alá polos anos setenta, cando meu pai tiña un carnet que aseguraba que se dedicaba ao espectáculo e a Deputación da Coruña lle pagaba unha nominiña en calidade de gaiteiro, alá, digo, cando Franco veraneaba en Meirás e o Ballet Gallego Rey de Viana saía na TVE en programas de varietés, preguntáronlle a un dos compañeiros do grupo, escollido como arquetipo de gaiteiro polo presentador, cal era o prato típico de Galicia que recomendaría aos televidentes de toda España.
–Hombre, pues... el pollo asado con patatas–dixo sen pestanexar.
O arco de gaiteiros mirouse entre si de esguello pero mantiveron perfectamente a compostura e os pompóns encarnados que coroaban as monteiras non se moveron do sitio.
–Pollo con patatas!!!!– berrou como sen dar creto a directora artística cando saían do plató– Pero hombre de Dios, como se le occurrió tal cosa? No pudo decir el lacón con grelos, el pulpo con cachelos, la emp... pollo con patatas!
–Si, señora, eu tamén pensei no lacón, pero pareceume moi bruto e non o dixen.

Corenta anos despois, algunhas concelleiras de cultura dalgunhas cidades galegas seguen engraxando os miolos co mesmo problema. Teremos amaño, querida Julia?



2 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Eu non sei se hoxe seguiremos tendo o aplomo suficiente para que non nos arrolen algo os pompóns...

zeltia disse...

eu cando vou por aí, o saber que vivo na coruña, sempre me preguntan por ela...! [ tan popular ]