
Santiago, meu patrón,
leva o códice ao seu sitio
por segredo de confesión.
O vintecinco é bo día
para a devolución:
nin políticos nin xuíz
pedirán explicación.
De noite, coa luz da lúa
ou guiándose cun fachón
pisadas moi velaíñas
movéndose baixo un faldón...
deben poñer o furtado
no seu propio almofadón,
logo, por carta lacrada,
pedir a todos perdón.
Botafumeiro imperioso
botaralles a beizón
ás pecadoras conciencias
libertas da desazón.
2 comentários:
Pois non o devolveron. Non es nada convincente neste tipo de rezos... Estou de vacacións e levo un cacho debtro desta nubosidade variábel e estou encantada... Noraboa por eses catrocentos folios, teño ganas de lelos... de momento entre descanso e descanso dáme por pintar os beizos, iso si, de encarnado. Dá gusto tanta nube
Ola, Marga, eu tamén estou de vacacións e en plena euforia limpatodo. Ti enténdesme: despois de IVCCC folia hai moito que limpar.
Vermello é sempre a mellor opción, si señora. Rachando coa pana.
(Acerca do códice teño un par de ideas, pero....chistssssss!!!)
Enviar um comentário