Número total de visualizações de página

quarta-feira, fevereiro 16, 2011

O silencio


Hoxe tivemos unha mañá dura: preitos sen resolver, chispas que prendían lume, berros, saídas airadas... De repente un xesto definitivo asolagou a penúltima clase en silencio.

Os "animadores" calaron desconcertados perante o baleiro inesperado. As cabezas xuntáronse de dúas en dúas e nun bisbeo contido resolvían os enigmas do texto. Só ela, que seguía debuxando unha gran cara de boneco con trazas de manga na libreta, levantou os ollos do papel, buscou os meus e preguntou moi comedida cal era a miña música preferida.

Sorrín, non ía sorrir!, diante dunha pregunta tan atinada e díxenlle moi intimamente:

–O silencio.

3 comentários:

homburg disse...

- Ía dicir eu que...
- Shhhsss!!!
- (Perdón!)
http://solomonsmusic.net/4min33se.htm

Chousa da Alcandra disse...

Xa, pero o silencio forma parte da partitura; así que xa nos dirás se é de fusa ou corchea. (Por saber canto hai que aturar a respiración)

Balonga disse...

Con folgos, pregunteillo.
Ti quéresme?
Silencio sepulcral.O morto era eu.