Número total de visualizações de páginas

domingo, dezembro 19, 2010

Esperanza


Con este título e esta imaxe case sobra o que vai vir. Deixar na sombra do misterio todo o contexto que me levou a elexir un e outra multiplicaría a forza conxunta que se prestan. A esperanza é unha pequena regandixa deixada adrede nun muro pétreo, só a apertura imprescindíbel para ver desde dentro sen ser adiviñado desde fóra no escuro. Eu sei o que hai dentro e as armas que teño para defendelo, mentres que os de fóra só poden imaxinar sen moitas, ou sen ningunhas, garantías o que hai de verdade.

Só vou dicir dúas cousas máis:

–O ventanuxo, aínda que estreito, non pode ser confundido cun accidente involuntario, unha fenda regañada a causa da mala calidade, ou a antigüidade, do muro nin unha casualidade da natureza.

–Está orientado ao sur, de xeito que o seu pequeno tamaño sexa compensado pola potencia do sol que recolle.

E así, preparada, eu espero.

5 comentários:

homburg disse...

É curioso, eu andaba relendo estes días a Anne Carson (lembras?) e de entre os versos suliñados fíxome reflexionar novamente un: Waiting is searching.(Esperar é buscar.)

p.d.: bufarro.

SurOeste disse...

Apunto: Anne Carson (non lembro nada, Homburg).

Apunto: casualidades, camiños que levan ás mesmas encruceladas.

Apunto: esperar pode non ser –e non é– sinónimo de pasividade; esperar é prepararse para o que vai vir con esperanza.

Unknown disse...

Andaba yo liado con los cambios de entropía en las expansiones gaseosas, cuando se me ha ocurrido darme un paseo por tus dominios para acallar las voces de mis demonios.

Y me ha dado por pensar en lo diferente que puede ser la esperanza según la veas desde dentro (un rayo de Sol que entra) o desde fuera (un misterio, una posibilidad). Y aunque resulte difícil de creer, en ese momento he visto clara la solución para mis problemas de entropía. Todo se reduce a ponerse del otro lado. Una interesante lección para aprender.

Besos desde el otro lado del espejo.

SurOeste disse...

Fantástico! Vuestras lecturas me obligan a volver sobre el tema con nuevas variaciones.

Hanibal Léctor disse...

Fermoso texto, bonito ventanuxo.