Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, dezembro 27, 2010

Cabeza pensante



Ultimamente teño escrito pouco e, sen querelo, algunhas entradas saíronme inquietantes. É difícil decatarse do pouco control que unha ten sobre o que escribe, ou mellor, sobre o que os outros van ler no que unha escribe. Por iso non vén mal, de cando en cando, facer metaescritura.

Isto é un blog no que se vai anotando un certo transcorrer vital. Eu conto cousas dalgún xeito experimentadas, mais non ao pé da letra, ou case nunca ao pé da letra. Quero difuminar na miña nubosidade os datos concretos que me empuxan a un estado de consciencia, de coñecemento do eu no mundo e, ao revés, do que me fai o mundo.

Estes meses do último tramo do ano foron ricos en experiencias que vou pouco a pouco dixerindo: antes de contalas teño que fagocitar a circunstancia, a anécdota, transformala en nutrientes para asimilala e convertila en células propias.

Véxome como unha devoradora da miña vida.

5 comentários:

homburg disse...

Ten que ser realmente fermoso atoparse coa cabeza dun cando se camiña pensativo (ou non) pola praia nestes días grises e, por momentos, fríos. Eu nunca cheguei a atoparme coa miña desaparecida cabeza, non, nunca, mais si que atopei incluso un fermoso rinoceronte, e sigo con el, aí vai, metido no meu xa vello coche, sen pedir nada, agardando a que un día o ceibe novamente nun encrespado mar (ou non).
Que o vindeiro ano che (vos) sexa propicio.
Bicos.

Chousa da Alcandra disse...

Pois bo proveito!

Anónimo disse...

O 2011, Ano Pereiro e Ano Cunqueiro. Anxos García Fonte nunha mesa redonda en Perlío: http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=8819

A profa disse...

Que desasosego!

Unknown disse...

Por favor, ¡digiere rápido!

(El comentario iba a ser más largo, pero cada cosa que escribo me parece más birria que lo anterior. Voy a enviar esto rápido, antes de que me arrepienta definitivamente).

Un petonet.