Número total de visualizações de páginas

sábado, agosto 30, 2008

Se bebes, non concedas entrevistas



Preocupada como quedei coa polémica que alguén introduciu neste remanso de paz e tranquilide sobre as declaracións de Georg Steiner na entrevista de Juan Cruz para El País, decidín ir ás mesmas fontes que a alimentan e lin o corpo do delicto.
Despois dun concienzudo análise do texto, quero resaltar algún detalle que parece que pasou desapercibido no medio do intenso fogo da batalla: tanto o entrevistador como o entrevistado beberon durante a entrevista, xerez, para máis señas, na acolledora cociña do prestixioso filósofo, co cal no tiñan nin que erguerse para ir buscar a botella, só estirar o brazo. E todos sabemos o ben que enchoupan as galletas nos líquidos espirituosos.
Espero que este insignificante dato axude a poñer as cousas no seu sitio e a rebaixar a electricidade do ambiente.

P.S. Como non atopei no google imaxes nada alusivo a "outra vaca no maínzo", o cal proba unha vez máis a marxinalidade da nosa cultura, este post vai sen imaxe explícita, todo o referido ao imaxinario terá que "imaxinalo" o amábel lector.

1 comentário:

SurOeste disse...

Decátome de que a ligazón que puxen non remite a onde debera. Enfín, non o sei facer mellor. Brétemas fíxoo ben, e Trasalba tamén, por aí podedes chegar á entrevista.