Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, agosto 18, 2008

Quen son eu?



Quen son eu? Preguntábase Pantelas mirando a súa imaxe no pozo do patio da prisión de Orán onde cumpría condena (Otero Pedrayo, Pantelas, home libre).
Quen son eu? Pregúntase Suroeste estes días mentres mira atentamente a súa imaxe en todos os espellos que se lle van cruzando no camiño.
Ata agora só un pseudónimo, un nick, agochando un nome legal ou unha imaxe ou un símbolo distintivo. E Suroeste íase espindo post a post no acabado de nacer cuarto de seu, cunha crueza que ás veces lle doía. Porque escribir doe, xa o sabedes, e pode ferir a quen ouse pousar os ollos para ler, coma que sae da escuridade da casa a unha mañá luminosa. Demasiada luz fai pechar os ollos.
Que difícil é para unha muller poñer o seu nome e logo escribir o que lle pete, o que sente e o que sabe, expoñerse a todos os ollos, expoñer o seu nome e o que poida significar e expoñer o seu corpo. Porque, aínda que se intente negalo, seguimos sendo o noso corpo. E o meu corpo é tan sensíbel... My body is a battleground.

5 comentários:

Iseo la Blonde disse...

Polo que nos deixas ler, debes estar feita dunha paradoxal mestura de fogo e xeo. Por certo, os dous queiman.

fgul disse...

...non che vaia pasar como Alicia.

Saúdos!

torredebabel disse...

quen es eu non cho sei, pero esa que es ten aqui un alguen atendendo. Dígocho por iso de que somos o que os outros reflicten en nos...

SurOeste disse...

Dé-bo-ra...

(pronunciar o nome entoando unha canción)

FraVernero disse...

Vaia... o corpo do delito mesmasmente, reflectido/reflectante no xogo dos espellos e aparellos de reproducción mecánica que, xa dicía Benjamin, consumen a aura...

aga sul, sul? forma estoniana de preguntar, 'e tú, que tal?'

Long time, no see...

O suxeito anda agora algo desvencellado, dende que mâitre Foucault dixera aquilo de que o suxeito é a escrita na area de praia, agardando a seguinte onda que eslúa o escrito. Mentres tanto, vexo que segues sufrindo da prisión gnóstica da carne -soma/sema-.