A foto, por unha vez, é miña, non de X.B., fíxena nunha praia do País Vasco este verán. Sorprendeume vela alí tan fachendosa esparexendo as súas cores ao vento mareiro e fixen clik, clik e clak!
Quero que sirva de homenaxe ás miñas amizades daquela terra. Como se di "bico" en euskera?
Quero que sirva de homenaxe ás miñas amizades daquela terra. Como se di "bico" en euskera?
8 comentários:
Musu, bico, pero tamén musu, cara, en dialectos occidentais.
O nome mus para o xogo de cartas, segundo Corominas, viría do euskera musu, xa que nese xogo non se pode falar e os sinais fanse coa cara (seica).
Ben, Anónimo, imos pooñer orde:
1)de que comentarios te responsabilizas dos anónimos do post anterior?
2)elixe nick a partir de agora.
Non me interesou o post anterior. Non escribín nada.
Ahh, logo hai polo menos media ducia de Anónimos indocumentados. O que temía.
Ben, anónimo lector do Corominas póñaseme un nick xa.
Salve:
Señora, nick non vén no Corominas nin no Machado e Lorenzo, na súa breve recensión deste dicionario, non criticou que non se incluíse este verbete. Eu sonlle un intelectual puro que sigo a escondida senda por donde han ido los pocos sabios que en el mundo han sido. A min, a diferenza de vostede, no me enturbia el pecho de los soberbios grandes el Estado, nin del dorado techo me admiro, fabricado del sabio moro,en jaspe sustentado.
Vale
X"vida berde";]
Enviar um comentário