Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, agosto 27, 2008

Látego de algas



Despois de ler, estupefacta, o último poemario de Antón Reixa chego a unha conclusión así de contundente: Reixa dinamita con este libro toda a súa obra anterior e todo o que representou nos últimos 30 anos na poesía galega. Está, por suposto, no seu dereito. Avante!

31 comentários:

Anónimo disse...

A túa opinión interésame moito. Poderías concretar?

Non lin Látego de algas, pero hai varios posts que me entraron ganas de pedirche para saír.

SurOeste disse...

Ai si? Pois pídeme e xa concretaremos.

Anónimo disse...

Non, mellor antes a poesía e despois pois iso. Quero dicir: invalida esa obra de Reixa o Reixa anterior? Tan grave é? Non lle perdoas unha incursión, polo que leo, no íntimo? Responde se queres, por suposto.

Anónimo disse...

Ah, e onde quedamos?

SurOeste disse...

Pois iso? A poesía é iso, polo menos para o último Reixa: Iso é imperdoábel.

Non lle perdoo que, a estas alturas e froito dun evidente estado de alteración hormonal no que todos podemos caer, coidado!, escriba coma un rapaz de 16 anos. Que escriba mails tórridos como todos os mais facemos, ditirambos que non saian do dormitorio, pero que non publique, por favor!

SurOeste disse...

Quedamos naquela banda, se che parece.

SurOeste disse...

E Anónimo, non me enganes, ti xa lichhes o látego de Reixa.

Anónimo disse...

Non, non o lin, podes crerme, pero agora si que me entrou a curiosidade. Sorprendeume porque esperaba algo mellor a pesar da temática, xa bastante arriscada, ou?

SurOeste disse...

Ai, Anónimo, Anónimo, "a pesar da temática"? logo liches algunha crítica, sabes moito do libro para non lelo. En todo caso debes lelo, nunca deixes que os demais lean por ti: o texto é en definitiva quen mellor se defende ou se condena.

Anónimo disse...

Así que foi este o libro que leu Steiner antes da antolóxica entrevista du Pays Hebdomadaire, el periódico global del mundo mundial? Que mala sorte. Hai que mandarlle algo de Rompente ou así para que este señor vedraio, no cerebro do cal a cultura e a ignorancia estreman perigosamente, evite dicir "Pero no me compare el catalán con el gallego". Hombre por Dios. Da entrevista eu quedo coa foto do can. Pobre Steiner e pobre Juan Cruz (outra vaca no millo).
Volvendo a Reixa. Eu creo que todo o mundo ten dereito ó seu minuto de ridículo (eu incluído), sempre que haxa unha editorial que gaste os cartos e unha prologista que non arroibe. Na literatura galega, coma en todas as do mundo, reza o saber popular: A vergonza pasa pero o proveito queda na casa. E así ímola virando e non está mal. Ánimo Reixa.

SurOeste disse...

Quedemos logo coa foto do can e coa vaca no maínzo.
E non é da súa terra o dito aquel de "polo pan baila o can?"

Anónimo disse...

Muller, na miña terra somos máis do requeixo pero coñecemos o dito de "polo pan baila o can", aplicado a Juan Cruz, sobre todo, o verdadeiro argallante de toda esta paifocada. Sabe, vou farto do periódico global en español e a súa miopía intereseira. Lembra o canon co que nos regalaron hai dúas semanas "los libros que cambiaron mi vida, uy que miedo"? Non fai falta dicir que iso do canon é moi do simpático Harold, e non deixa de ser unha babecada, pero, viu nesas obras algunha referencia a literaturas "hispanas" de lingua non española? Non, madia leva. El Pais é un xornal elitista, cego (que vale a pena só para información internacional) e xa abonda do seu madrileñismo reseso. A ver se os Rivas, de Toros, Reixas, Vilavedras e Monteagudos pensan nun xornal galego que non sexa tan toupa. Polo de agora, hai anos non diría isto, quedo con Galicia Hoxe pero díxome un paxariño que vai saír un Xornal de Galicia que realmente vais ser o xornal que necesitamos. El será certo? Ogallá teña un grupo directivo que aposte polo país. Mentres, aturaremos as bobadas dos Cruz-Steiner-PaisGLobal-Canondeliteraturaquecambiómividasuperguay. Ah, e non nos esquezamos de Caneiro, que se pon como unha hidra cando din que a súa Bobary é unha bobada. Mandémoslle toda a edición dese libro a Juan Cruz, para que sufra.

SurOeste disse...

Uy, uy, uy, Niña del Requesón, fágase vostede responsábel das que vai arreando vostede, que eu xa teño dabondo cos meus propios enemigos.
De todos xeitos unha cousa véxoa clara: incluír, eliminar, ou resaltar determinadas afirmacións, expresións ou mesmo acenos dunha entrevista publicada non é un acto inocente. En periodismo chámaselle a iso algo así como editar: da saiva bruta pásase á saiva elaborada. Decidir publicar eses comentarios desafortunados sábese que é entrar nunha famosa polémica alimentada desde Madrí.
Enfín, cada un ao seu.
Eu, mentres pooida seguirei gozando da miña neboeirada.

Anónimo disse...

todo está moi ben -e Juan Cruz é o máis semellante a un imbécil que pulula pola península-, pero se un premio Príncipe-de-Asturias-da-Comunicación-y-reputado-filósofo di tal estupidez, a obriga do xornalista é transcribilo, penso. Mesmo poñelo no titular.

Outra cousa é o ton da entrevista de marras -e das entrevistas de J.Cruz en xeral-...

SurOeste disse...

Paréceche? Para iso son as entrevistas, para resaltar a estupidez do entrevistado (ouu do entrevistador)?

SurOeste disse...

Nas entrevistas que se publican aparecen tal cal todo o que se di e como se di?

SurOeste disse...

Consiste niso a liberdade de expresión?

SurOeste disse...

Sr. Anónimo: interésanme moito as súas opinións.

Anónimo disse...

Paréceme que se o premio Nobel de matemáticas -se hai tal- di que 3+2=4 é de resaltar

Insisto, outra cousa é Juan Cruz e o seu xornalismo-lambe-carallas (hai un artigo dun tal Rafa Reig ao respecto ben ilustrativo) e como repregunta. E mesmo outra resposta que dá o tal Steiner aínda peor, na que se refire ao euskera en relación con ETA e que semella non causar tanto escándalo.

(desculpe a sucesión de conxuncións)

Anónimo disse...

e logo por que?

SurOeste disse...

por que que?

Anónimo disse...

que por que lle interesan tanto estas opinións...

Por suposto, non sei en que consiste a liberdade de expresión, nin sequera teño unha opinión firme ao respecto. Pero, en todo caso, o que non é a liberdade de expresión é Juan Cruz entrevistando a George Steiner no suplemento en cor do xornal do grupo Prisa. Polo menos aí teño unha certeza.

SurOeste disse...

Está ben que dous que falan sintan interese no que di o interlocutor. Non pensa?

Anónimo disse...

de acordo, de acordo

SurOeste disse...

De todos os xeitos, tamén lle digo que se quere seguir falando debería buscarse un nick identificativo e deixar parcialmente o anonimato. Sería un detalle.

SurOeste disse...

Vaia pensando que vou dar unha volta.

Anónimo disse...

Xa o pensei, pero aquí anónimos sonlle todos.

Boa tarde.

Anónimo disse...

Emito a miña opinión sen ánimo de lucro. Non se trata da liberdade de expresión que ninguén cuestiona. Se Steiner dixo o que dixo pois hai que escribilo e, como home sabio que é, se alguén quere aprenderlle que o galego non é o que di, seguro que aprende. O problema para min é Juan Cruz que, despois da afirmación de Steiner, di (antes de falar de que "se roompe Espaaña!): "Porque dicen que es una parte esencial de su identidad". "Dicen", vaia, "dicen". El non o ten claro? Non. Se o tivese, diríalle a Steiner que a literatura galega comeza no século XIII e agora é unha das máis interesantes da península, sen menosprezar as outras. Por iso non entendo a defensa de Xornal.com, "En defensa de Juan Cruz", amigo de los gallegos y de otros animales (espero). E agora o Cruz pide que o Pen se desculpe. Claro, lo típico, a entrevista foi manipulada por sus amigos los gallegos. El primeiro, que se desculpe el primeiro e logo xa se desculparán outros. Agora vai de ofendido. Pois que rete a Tosar a un duelo, como cabaleiro español que é. Aescusatio non petita, accusatio manifesta.
Saúdos.
SAM

SurOeste disse...

Bueno, Sam, admitamos que os gallegos xa non son o que eran, agora sacan un xenioooo que hai que velos. Ata se mosquean por apareceren no diccionario da RAG como brutos pailáns, cando toda a vida foi así.
De onde lles virá agora tanta soberbia? Debe serr o bicho do nacionalismo.

SurOeste disse...

Quixen dicir RAE, non RAG!

Anónimo disse...

Non é cuestión de xenio. Os galegos non entendemos as entrevistas, non sabemos ler, claro, como estudamos dúas linguas en vez dunha, pois burros matriculados. Bah, no fondo todo isto élle envexa, porque os de Madrí non teñen lingua propia e están acomplexados. Eles queren ser cataláns (gallegos, no, por Dios, somos tan paletos) pero non dan feito. Eu, aínda que non presido o PEN, xa lle mandei os meus padriños ó Cruz para que el poida reparar su honor mancillado polos lectores periféricos do seu xornal. Espero que Tosar me acompañe no campo del honor. Os padriños de Cruz serán de Xornal.com, entendo, o xornal bilingüe dentro de un orden. Cruz fará o amor en catro idiomas tamén? Que confusao, mon Dieu!
Sam