Eu son unha papanduxeira. Sono porque vivo onde vivo, ben o sabedes, e comín moitas papanduxas de pequena.
As papanduxas , xunto coas peras cocidas eran unha das industrias favoritas da miña bisavoa. Eu colaboraba: escolliamos as mazás, lavabamolas e metiamolas no forno. Mentres se facía o caldo tamén se facían as papanduxas, logo deixábanse enfriar e eran un rico aperitivo a calquera hora do día.
Un verán veu unha familia vasca a facer turismo rural á casa do outro lado da aira (vir viñan á praia, pero non atoparon nada máis adecuado e acabaron na casa dos veciños). Unha corrente de simpatía mutua instalouse no rueiro entre os forasteiros e os propios. Os nenos, aínda que máis pequenos ca nós, viñan moito pola casa e sempre apañaban ou un cacho de pan, ou unha froita ou unha papanduxa.
Un día saímos eu e máis a nena para a aira con cadansúa papanduxa lambe que lambe. A nai veunos e chamou á filla. Mirou para a papanduxa e berroulle moito por comer nunha "mazá podre". Sen lle facer caso ás protestas da nena, colleulla e cimbrouna nunha silveira. A nena choraba, pero non lle valeu de nada. Desapareceron as dúas na casa do outro lado da aira. Antes de pechar a porta aínda mirou para min como culpándome porque era máis vella e debía coidarlle mellor a nena. Eu, que miraba a escena estupefacta, non me atrevín a desfacer o equívoco e seguín comendo a miña papanduxa, agora xa ostensiblemente, para exculpala de todos os males que inxustamente se lle atribuíran.

14 comentários:
Ams...
con perdón da miña ignorancia, qué demos é unha papanduxa?
Permítome facer algunhas cábalas, seguramente equivocadas:
1) unha mazá asada ou tratada dalgunha maneira químico-culinaria.
2) un 'nispero' dos de antes (a saber, Mespillus Germanica'), que tiñan que madurecer moito para seren comestíbeis.
3) Algún estraño enxendro que misture caldo, natillas e fanecas bravas nun cóctel contra natura.
Corre da conta da bitacoranda desfacer-desnovelar o meu entorto...
xD
Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor deste blog e para os blogueiros en xeral:
Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega.
Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).
Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.
Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!
Para calquera cousa: resaka06@gmail.com , e enviaremosvos o material das xornadas.
Como filóloga xa entradiña en anos recoméndovos ós máis novos que confiedes sempre na leción do texto.
No propio texto está a resposta á túa pregunta e mesmo o xeito de lograr unha estupendas papanduxas.
Moi agradecida polo convite. Emocióname pensar que somos unha leira de maínzo que se estende polo país enteiro. As vellas sementes autóctonas xermolando aquí e acolá. Non podo ir á reunión, pero estou convosco.
Saúdos
Ams...
¿Nada máis que mazás asadas, lo? Jorl, pensei que un nome tan elaborado escondería de seu un elemento algo máis complicado... Inxenuo que son...
xD
Na miña casa son só "mazáns asadas", pero eran tamén o doce por antonomasia, feitas o domingo aproveitando a calor da cociña de ferro que facía o cocido.
Con azúcre enriba, que meu avó e mais eu eramos os máis lambóns da casa.
Co lambonciño que eras e quedar como quedaches no último retrato que fixeches...
fai décadas que non como papanduxas (na casa tamén eran mazás asadas) pero lembrei delas na visita á tua páxina. Vou facelas e veremos qué din os meus!!!!! graciñas!
Graciñas Suroeste.
Confeso: son papanduxeiro.
Como xa che dixen as prefiría en compota cando era neno. Penso que era porque lle tiña un noxo irracional ao carozo e non me gustaba andar rabuñando nel. Despois dunha época que prefiro nin lembrar na que pasei meses papando compotas e purés por imperativo médico, quedei cheo e nunca máis fun compoteiro.
Así que hai xa moitos anos voltei ás orixes, ás papanduxas, e déixolles o carozo ben raspadiño!!
Aí, rapazote, que non se diga!
I'm impressed with your site, very nice graphics!
»
[url=http://firgonbares.net/][img]http://firgonbares.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]ordered software, [url=http://firgonbares.net/]winrar software downloads[/url]
[url=http://firgonbares.net/][/url] new microsoft software microsoft software for sale
office software to buy [url=http://firgonbares.net/]dwvwlop filemaker pro accounting[/url] 2009 Mac Parallels
[url=http://firgonbares.net/]adobe photoshop cs4 keeps locking up[/url] macromedia studio 8 software
[url=http://firgonbares.net/]office 2003 cd key[/url] discount software online
anti virus software to buy [url=http://firgonbares.net/]coreldraw free[/b]
[url=http://sunkomutors.net/][img]http://sunkomutors.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]free service order software, [url=http://sunkomutors.net/]Office 2004 Mac[/url]
[url=http://sunkomutors.net/][/url] download microsoft office 2003 free downloadable software online store
discounts on software for [url=http://sunkomutors.net/]sign shop software[/url] discount software online
[url=http://sunkomutors.net/]1 Mac Box Set[/url] buy computer software online
[url=http://sunkomutors.net/]compare software prices[/url] adobe photoshop cs3 for mac student version
adobe software resellers [url=http://sunkomutors.net/]educational software license[/b]
[url=http://hopresovees.net/][img]http://hopresovees.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]price list for software, [url=http://bariossetos.net/]manage startup software in kaspersky[/url]
[url=http://bariossetos.net/][/url] educational discounted software adobe acrobat 9 review
on network each user have to relink graphics in quarkxpress [url=http://hopresovees.net/]dvd player software downloads[/url] software with academic discount
[url=http://vonmertoes.net/]award winning educational software[/url] autocad for mac
[url=http://vonmertoes.net/]adobe photoshop cs3 support[/url] 2d barcode reader filemaker pro
xp software to buy [url=http://bariossetos.net/]microsoft office school discount[/b]
[url=http://vonmertoes.net/][img]http://bariossetos.net/img-add/euro2.jpg[/img][/url]
[b]software purchase request, [url=http://vonmertoes.net/]how to install windows vista[/url]
[url=http://vonmertoes.net/][/url] nero 9 download microsoft smartphone software
software at student discount [url=http://bariossetos.net/]office 2003 key[/url] make windows xp look like vista
[url=http://hopresovees.net/]cheapest calling software[/url] sue nero
[url=http://vonmertoes.net/]buy erp software[/url] creating educational software
filemaker pro 7 download [url=http://bariossetos.net/]real world camera raw with adobe photoshop cs3[/b]
Enviar um comentário