Tal coma a abella, tamén eu teño vido bater contra as galerías de vidro, caendo medio aturdida, erguéndome con esforzo e, arrastrándome, levanto voo de novo, en busca de algo. Xa non sinto a abella e, entón, abandono a porta da casa. Séntome e collo unha edición escolar de segunda man, con anotacións semiborradas, de The German Ideology de Marx que, "por acaso", se atopa encima da mesa.
Direi estas palabra en Europa, mais é nos Estados Unidos da América do Norte que teño andado en busca delas. Cando tiña dez ou once anos, no principio da II Guerra Mundial, escribíame cunha amiga e as cartas levaban o seguinte enderezo:
Adrienne Rich
14 Edgvale Road
Baltimore, Maryland
Estados Unido de América
Continente de América do Norte
Hemisfério Occidental
Terra
Sistema Solar
Universo
Viamos a nosa casa coma un punto minúsculo nunha paisaxe cada vez máis vasta, ou coma o centro de todo a partir do cal os círculos se expandían ata o infinito descoñecido.
É esta cuestión de nos sentirmos no centro que agora me consome as entrañas. Sentírmonos no centro de que?
Adrienne Rich, (1987). Blood, Bread and Poetry: Selected Prose, 1979-1985, Londres, Virago
5 comentários:
Fermosas e conmovedoras verbas dunha persoa que non é quen de atopa-lo seu espazo no mundo que constata que a vida que outrora imaxinara non vai poder cumprirse. Moitas grazas por compartilo e parabéns polo teu blog, que sempre resulta interesante. :-)
Por certo, a sintaxe da seguinte frase non é incorrecta?: "É esta cuestión de nos sentírmonos no centro". Coido que debería ser "de sentírmonos" ou "de nos sentir". non si?
Unha aperta,
O Teotónio
http://teimasdungalego.blogspot.com
Colocados en el centro mismo de universo, sin duda. Ocurre que con el tiempo el punto que ocupamos se expande, siguiendo la teoría del punto gordo que el estudiante de dibujo aplica cuando la linea se resiste a pasar por su sitio, y esa expansión nos diluye como azucarillos en absenta.
Aquella abeja tuvo tiempo, probablemente, de echar un vistazo a tus textos y al ver con quien se la jugaba, una mujer reflexiva nada menos, se dejó de tonterías y encontró la salida. Cuando la necesidad aprieta...
O señor Teutónio ten razón, sobra un clítico que decontado vou eliminar. Logo pasarei a facer unha visita ao seu blog.
O señor Miyazaki é moi amábel, pero este marabilloso texto non é meu (xa me gustaría) senón de Adrienne Rich. Efectivamente, o abellón tiña nos textos que seguramente había naquel escritorio un material moi nutritivo.
Grazas pola vosa compañía, espelídesme a inspiración.
Pois no centro dun mesmo, por exemplo. Como coñece-lo mundo e os demais sen coñecernos a nós mesmos? Como dar importancia ó resto sen darnos importancia a nós? Acho, bom.
HAY DIFERENCIA NOTABLE ENTRE LO ESPIRITUAL Y LO SAGRADO: Una cosa son los universalismos del fenómeno espiritual de la trasformación humana que demarcan el camino ecuménico señalado por Cristo, que tiene por directriz la reflexión de la existencia antes y después de esta vida, a fin de alcanzar la vida eterna. Y otra los convencionalismos de lo que es sagrado para Israel (su: territorio, pueblo, ancestros, Jerusalén, Templo, Ley) que demarcan la ecumene Abarham-ica, que tiene por directriz la reflexión del devenir de Israel entre las naciones, a fin de sin escrúpulo alguno hacer de Israel la principal de las naciones. .http://www.scribd.com/doc/17694382/EL-HUMANISMO-SECULAR-CRISTIANO-Y-EL-DESLINDE-OBJETIVO-DEL-CAMINO-ECUMÉNICO
Enviar um comentário