Total Pageviews

Saturday, November 07, 2009

Sentido práctico

Foto de Xebe d´Afrei

–Non sei se sabes que deixei a S.
–Sorpréndesme.
–Xa ves.
–Aquela noite parecía que as estrelas brillaban para vós.
–Aquela noite non quería decatarme de que non tiñamos futuro. Tiven a precaución de pechar todas as voces que mo advertían nun tarro ao baleiro; sen osíxeno esmorecen. Si, foi unha noite fermosa!
–Non sempre se ven estrelas.
–Escoita, non estou nada ben, todo aquilo afectoume moito. Máis do que pensaba, máis do que el estaba disposto a aceptar. Iso non me gustou e, aproveitando que tiña que volver coa terapia, díxenme: agora é o momento.
–Entendín ben? Aproveitando que estabas mal, un pouquiño peor non se notaría?
–Exactamente, total... xa non vía estrelas.

11 comments:

Anonymous said...

"Aquela noite non quería decatarme de que non tiñamos futuro".

Futuro, futuro, ..., esa palabra que sempre castra o presente.

SurOeste said...

E que @s human@s teñen tanta imaxinación que ata pensan no futuro, algo que, evidentemente, inventan amasando temores e desexos en cantidades variábeis segundo os casos.

Somos así, non lle hai que facer.

Anonymous said...

Rebelémonos contra o futuro, ese tirano.

Rue Valette said...

As vísceras por un lado e o cerebro por outro. As primeiras non coñecen outro tempo que non sexa o presente, a súa forza ás veces é inmensa. O cerebro ó fin e ó cabo na meirande parte dos casos chéganos a pouco. O drama vital. Os clásicos, as relixións tamén: pecado, condena, etc. Porta de Praterías:'angelitos negros'.
Música de Karaindrou para estes días poéticos de novembro, días de melancolía, días enfermos.

SurOeste said...

Ai, señor de la Rue, que estamos outra vez coa dicotomía corpo/mente e o cerebro, pénseo ben, non deixa de ser unha víscera.

Anonymous said...

Non sei onde lin que un órgano como o cerebro na toma de decisións erra. Porén, outros, o corazón, o estómago, funciona como un reloxo durante toda unha vida e nunca se equivoca, late, dixiren, e nunca se equivocan.

Vísceras intelixentes, cerebros tontos!

Si, o cerebro tamén e víscera que nas matanzas mira que non teño tomado eu sesos rebozados...

Upupa Epops said...

O medo ao futuro posibilita un dos mellores negocios do mundo, o das axencias de seguros. A inmensa maioría de eses temores son infundados. Canto máis infundados,m áis rentabilidade para elas. Imaxino que promoverán esos temores de moitas formas sutís, por a conta que lles ten.

SurOeste said...
This comment has been removed by the author.
a dama de xeo said...

deixar a alguén, que alguén pense sequera que pode deixarte...incluso o neutro "deixalo" me proe o xenio, claro que para non facelo compre rexeitar tamén o contrario, e non é doado resistir á tentación de abrazar o imposible ata afogalo...non sei se me explico ruliña...ti me entendes ¿a que si?...

SurOeste said...

Glup´s! vou pensar niso toda a tarde. Logo falamos. ;-)

mar de Lempicka said...

Eu pásome a vida a pensar no futuro e non me dou conta do presente. Así é que cando chega o futuro, decátome de que nin se parece ó imaxinado; nin disfruto do presente nin recoñezo con ledicia o pasado.