Total Pageviews

Wednesday, November 11, 2009

Onde estás, eu?

Foto de Xebe d´Afrei

Que pouco me durou aquela emoción de terte, suxeito e ben suxeito entre as miñas mans, eu, materia fluída parida con dor e pensamentos. Agora pregúntome se foi todo unha ilusión miña, un soño, a lembranza dun conto que algunha vez me contaron: "tes que esforzarte e o teu eu emerxerá de ti e darache sentido, voz que retumbe baixo as bóvedas e capacidade de representación". E a min parecíame iso tan lóxico, tan absolutamente luz, que me volvín avelaíña e dei voltas e voltas arredor, toupeneando. Voltas e voltas que me emborracharon de logos: pensei e escribín e estaba disposta a asaltar as tribunas baixo as bóvedas a peito nu.

Estaba disposta, pero xa non te atopo, eu, eu, eeeeEEEEEEUUUUUuuuuuu...?

11 comments:

La-can said...

Precisa síntese alegórica da morte do suxeito ou, no mellor dos casos, do seu descentramento.

Rue Valette said...

I, me, mine
http://es.wikipedia.org/wiki/I_Me_Mine
http://www.youtube.com/watch?v=01UipbZL3ww

p.d.: sei que é unha bobada, pero por deformación profesional: bóveda.

Gabriel Pérez said...

Na miña opinión a cuestión do eu esta, en palabras de Metinzer: "No being one". O que viría a ser: "A insoportable levidade de ser unha divina merda" (sic)

SurOeste said...

Hoxtras! grazas, Rue, non é unha bobada: vou defacer o torto.

SurOeste said...

Que práctico este sistema de poder rectificar sen cancelas para a xentiña imperfecta coma min!

SurOeste said...

Léase defacer como desfacer. Non o fixen a propósito; son así.

Fermín said...

O eu é apenas o noso escudo, señora.

SurOeste said...

Pois "eu" penso que é a armazón que nos mantén dereitos. Agora ben, somos vertebrados ou coleópteros?

Aníbal Léctor said...

A min gústame vivir nos pronomes, como lle gustaba a Pedro Salinas.

SurOeste said...

Vertebrado, logo.

Sabela said...

ou seremos exoesqueletos que agochan só palabras...
atoparaste, ben sei.