Total Pageviews

Monday, January 18, 2010

Prender o imprendíbel

Imaxe de Xebe d´Afrei

Hoxe os meus pensamentos son un rabaño de cabras salvaxes, choutando polas penedas da serra. Hoxe parte de min, famenta, intervén nunha manda de lobos que saiu a asexalas, rodealas, regañarlles os dentes e buscarlles o pescozo. O éxito das cabras radica na súa diseminación e os lobos pregúntanse a cal delas atender, cal está máis nerviosa e fallará o salto. Penso en cabras e lobos nun abrazo de sangue e pálpitos entolecidos.

Pero os depredadores empezan a perder a esperanza ao ver o abismo polo que as cabras se despenan sen perderen o equilibrio. Recúan coa lingua de fóra e resígnanse pensando nunha carroña.
Hai días así. Algo atoparei.

3 comments:

Aníbal Léctor said...

Ui, fóra malos pensamentos, fóra malas historias. Veñan boas ideas, boas cousas, bos abrazos.

SurOeste said...

Impactado polas imaxes do texto? Tranquilo, que xa atopei unha prea moi doadamente.

Ana Bande said...
This comment has been removed by the author.