Total Pageviews

Thursday, May 21, 2009

A censura na era pijocrática


Mándanme un correo con dous arquivos adxuntos con este título: A censura comeza!!! A imaxe do principio estivo apenas 10 minutos na páxina da Consellería de Educación e logo foi elocuentemente sustituída pola de abaixo.
Sobran as palabras pero non me resisto a suliñar que as alusións á lingua galega e á feroz persecución de que foi obxecto, moi significativamente na escola, son profundamente incómodas para a pijocracia que ve a necesidade urxente de maquillar esta verdade, se fai falta cunha operación cirúrxica, amputando o que faga falta.
Esteamos moi atentos ao que vén e non permitamos a manipulación. Os exemplos históricos deste tipo de campañas propagandísticas non deixan lugar a dúbidas dos perigos que asexan.

5 comments:

Anonymous said...

Permíteme ser malo: isto é a demostración palpábel do piñeirismo que se encargou o propio don Ramón Piñeiro de cultivar... Desos cinismos nacen estas censuras.

Perdón, perdón, prometo non facer máis comentarios deste tipo.

Perdón, prometo non facer máis comentarios.

SurOeste said...

Barra libre para comentar.

albixoi said...

Simplemente, van impoñer a tese Goebbelsiana da verdade. Repitamos unha mentira un millón de veces até que sexa a verdade.

SurOeste said...

En todo caso, parece que o fin xustifica os medios, para algúns, e iso non o podemos permitir de ningún xeito.

O da Citroen c15 said...

Bo, ya me estáis los rojitos tocando los cojones.

Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. Piñeiro nunha habló gallego. (etc)