Total Pageviews

Wednesday, December 19, 2007

Tempus fugit


Ao calendario só lle queda unha folla medio esborranchada. A noite máis longa do ano está aquí e, a partir deste punto, o tempo, que non ten paraxe, empezará a comerlle estrelas á noite.
Auga nun cesto
Contamos días, como contamos os exames que faltan por correxir ou agrupamos anos en sexenios, e alegrámonos de que falte menos, de recoñecer as citas dos libros que lemos, de...
Ultimamente véñome dando conta de que o tempo pasa tamén en forma de post.

6 comments:

Ana Bande said...

Ese bosque fala pola súa boca tamén. Imaxino que logo desa longa espera quedaría todo limpiño ¿non si?

SurOeste said...

Aínda que pareza que están trucadas as fotos non tal: son os mesmos, exactamente os mesmos restos dun botellón x meses despois.

SurOeste said...

O post tamén se podería titular: tempus fugit; a merda permanece.

FraVernero said...

É curioso como empregamos os obxetos para medir o paso do tempo. Iso son os reloxos, ao fín e ao cabo (alomenos, no pasado), cun movemento continuo -espazo- que se transforma nunha configuración de horas, minutos e segundos (tempo). Tempo subxetivo dun mesmo, ou tempo obxetivo dos aparatiños?

Canto ao malo que permanece, ese soe ser un atributo xeral da especie. O ben que facemos é breve e invisíbel, o mal perdura moito máis que os nosos corpos...

Anonymous said...

Felices festas!

torredebabel said...

lembro unha serie de retratos dun fotografo arxentino que na mesma data de cada ano facía imaxens da sua familia (dona, fillos e el mesmo). Logo de 20 anos ou asi fixo unha mostra con elas. O resultado: o mesmo que vemos nesta, pero en seres humanos...