Total Pageviews

Sunday, October 15, 2006

Humilde patrimonio popular


Unha casa así non debería baleirarse nunca de vida: xente, animais, trafegar das colleitas. Nunca debería permitirse que se lle esfondara o tellado, lle apodreceran as madeiras e as ventás fosen só bocas abertas berrando. Casas que levan séculos nesa mesma posición, referentes familiares e colectivos de repente son descoidadas, abandonadas, esquecidas, unha morea de pedras comidas polas silvas. Belas estruturas feitas firmes durante séculos por canteiros e carpinteiros habelenciosos coa técnica de noso, inxeniadas por nós mesmos para resolver os problenmas do espazo e do clima: solucións asombrosamente prácticas. Escola de arquitectos despistados que fan edificios onde chove ou onde te derretes co sol.
Se tedes unha casa así, mirade por ela. Ten un valor incalculábel.

10 comments:

SurOeste said...

Ouh yeah!

SurOeste said...

Pirata, eu e penso que podo falar en nome de todos os que paran por aquí, estámosche moi agradecidos polas ligazóns que nos propós. Encántanme.

torredebabel said...

e se tes unha historia que viviu nunha destas casas, tamén mira por ela que ten o mesmo valor incalculábel!!

Moralla said...

Deixáme primeiro agradecerche que suxeriras o meu blog, e segundo darche os parabéns por defender este tipo de patrimonio rural. De feito, este tipo de casa de pedra antigas está a desaparecer, é unha auténtica mágoa! porque son dunha calidade extrema. Elas si que resisten a un temporal! non as que se constrúen hoxe en día por tres duros e se vendes por millóns para se forren uns cuantos vividores! un patrimonio como o desta magnífica claro que hai que mantelo!. Unha aperta rural, moi verde e montuna. Y

SurOeste said...

Señora Blonde, estáseme poñendo vostede metafórica e poliédrica, anímoa a seguir coa idea e terá vostede unha voluminosa novela: a gran novela que os popes da patria aínda agardan, se cadra...

SurOeste said...

Estimada Blonde, vostede ten o poder de me desacougar.

Trolha said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Trolha said...
This comment has been removed by a blog administrator.
Trolha said...

Suroeste, estou mais q de acordo contigo quando dizes q os arquitectos modernos fazem casas (q até poderão ser vistosas) mas são tudo menos acolhedoras.
Afinal aquilo q deveria ser o objectivo primordial - o aconchego do lar - acaba por ser subalternizado e sacrificado à conta de outros valores.
Q valores?
Arquitectos do mundo inteiro: ODEIO-VOS!!!!!!!!!!!

candorca said...

Unha casa é unha casa (boa descrición verdade!): formas xeométricas que amparan e asegredan as virtudes e as máis íntimas miserias do ser humano. Outras veces, simplemente regardan da chuvia (pero nunca das pingueiras).

O único de valor da casa da foto son as historias de amor-odio, as experiencias dos seres (non só humanos) que a habitaron, os veciños (?), os irmáns, os pais, os animais. A veneración dos utensilios e das figuras (relixiosas?), formas varias hoxe, de seguro, estranguladas polo tempo.

Un post anterior teu "o mal do século" describe moi ben a causa do abandono desa casa: "a carreteira" de Otero, a Cidade xardín, a Singer ou a computadora. No fondo, a proxección de ilusións nun idílico estado de benestar que ten como imprudente resultado a caída dos tellados das casas, a uralita, o ladrillo, a pedraporriño. Hoxe por hoxe, esa casa é forma sen contido, un espazo agradable para un chute de vanidade ou para coller laghartos.

Iso si, concordo contigo no fundamental: como esa casa está abandonada? como hai unha casa abandonada e xente tentando manter a dignidade entre cartóns e humidade? Ironías da vida. Quizais haxa que rachar o Benestar das Cabesas para poder rehabilitalas.