Total Pageviews

Saturday, December 31, 2011

Non vos vaiades, que aínda hai máis

Foto SW

 Agora subimos os impostos un pouquiño, conxelamos de aquí, quitamos de alá. Ídevos despedindo disto e do outro. Siiiii, podedes patalear e xurar en arameo, iso sempre. Total, para o caso que vos imos facer!

Sorayaaaa, queda algunha empresa pública que vender? Ah, claro os hospitais, case me esquece, pois veña, mans á obra. Pero o importante é que vaiades entendendo que isto é o principio, non do principio, non, ca!; o principio do final.

Perdón... comooo? Si, as bodegas tamén hai que poñelas á venta, non sei xa para que preguntades.

5 comments:

Chousa da Alcandra said...

Trunfa en bastos, si; e queren caparnos o tres. En todo caso algunha baza habemos facer. O caso é non tirar as cartas.
Algunha ledicia traerá este bisesto.

SurOeste said...

Si, claro, Chousa, teño entendido que se pode xogar ben con cartas malas e á inversa. Ti sabes?

Anonymous said...

'' As veces tes que facer as cousas porque che gustan. Sen recibir nada material a cambio, porque as mellores cousas da vida son gratis. ¿A onde nos levou este espírito consumista e material? Mira onde estamos. Levounos a nada, ao vacío. Pero eu confío no sentido artístico das persoas, confío de verdade. Por iso imos leer este libro de poesía enteiro, porque senon, ¿cando o ides facer? A maioría nunca na vida, e iso non pode ser. Hai que busca-la luz nesta escuridade na que estamos, hai que buscala sempre, e a min de verdade é que non se me ocorre mellor maneira de facelo que leer un poema. Así que non volvas preguntar, Vilda, dame igual que isto no futuro che sirva ou non para gañar cartos, iso non é importante ''.
Grazas por isto, Anxos.

SurOeste said...

Isto é, precisamente, ao que me refería: o mellor da vida é ler este post; o mellor da vida é ver a cara dos meus alumn@s retorcerse de "puritito" gozo mentres lles paso unha película como Un chien andalou feita hai 80 anos por un par de tolos en Paris-La France-Oh-là-là.

Gracias a la vida, que me ha dado taaanto...!

Enteiro, vai ser, e despois, se cadra, outro.

De momento, xa se me puxeron as gañas de escribirlle outra entrada ao blog.

Anonymous said...

Perdoa as faltas de ortografía como '' leer ''.
De vez en cando chega un profesor que quere aprenderche a sentir.