Total Pageviews

Sunday, September 21, 2008

Cultura global


X.B. Arias, Ghon con

Espadas de samurai, xarróns versallescos, animais quiméricos de fundición plástico-metálica, corais en plataformas de mármore, máscaras venecianas, bonecos co traxe rexional, touros aguilloados por numerosas banderillas coa bandeira española, sanantoniños benditos: todo o necesario e todo o innecesario para o fogar, estea este onde queira estar. Non hai pobo no mundo que mellor saiba interpretar as tendencias e convulsións culturais da actualidade... e que mellor saiba verdérnolas tamén.


3 comments:

Iseo la Blonde said...

Quen te viu e quen te ve, Aguia imperial!

Polo de pronto mimetizada coa 'rosácea' volvoreta oriental. Logo, coa 'vista de aguia' cegada (casualmente?)pola pegatina do prezo.

Estanche comendo as papas!!! Espabila!!!

Anonymous said...

Se puidera mandarlle unha que quitei en Padova dun escaparate cheo de sanantoniños...

SurOeste said...

Agora buscamos o xeito, sr. Arume, non se preocupe.