tag:blogger.com,1999:blog-18405267.post8643341214189724136..comments2023-10-30T12:32:50.245+01:00Comments on Nubosidade Variábel: Outra vaca no maínzo!SurOestehttp://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comBlogger14125tag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-24996653237853836642007-10-07T13:14:00.000+02:002007-10-07T13:14:00.000+02:00Como supoño que estaredes expectorantes por saber ...Como supoño que estaredes expectorantes por saber cal vai ser o futuro do noso país, coméntovos a miña reunión con D. Duarte esta mañá na pulpería de Lobios. Chegou ás 12, pola estrada de Portela do Home, no seu Ford Fiesta con toda a família reial, precedido por unha limusina onde viaxaba a súa pulpeira de cámara, dona Teotónia. Chegaron e pediron unha "dose" de polbo para todos, con moito aceite e moito pan para enchoupar. Como todos se botaban ós raxos, entre os berros de dona Teotónia, pedinlle que viñera á barra falar comigo e conteille o do trono galego. Non se mostrou sorprendido, xa que un grupo independentista xa llo ofrecera hai uns anos en Vigo, mirou na axenda e dixo que o 25 de xullo estaba libre para a coronación. Ten unhas tarifas moi boas: cobra por horas e ofrécenos, polo mesmo prezo, dúas vodas de fillos e catro boutizos de netos. O único problema é que todos os venres ás tres abdica para marchar de fin de semana (educación británica, seica). Polo tanto, haberá que proclamar a república todos os venres e logo, tras un "pronunciamento" ás 8 da mañá do luns, restaurar a monarquía ás 9, que é a hora en que entra a traballar. Non pide iate reial polo de agora e di que pode vivir nunha pensión do Franco sen problemas, mentres non se acondiciona a Cidade da Cultura para Paço.
Aceptamos logo? Podiamos ter a coronación o 25 de xullo, ás 11 na catedral, para que ás 12 poidan vir os manifestantes, antes de chegar á Quintana, ó primeiro beijamaos. Chamo ó arcebispo Raxuá para que nos reserve hora? (espero que non teña outra coronación ese día). Teño que darlle razón a Dondu hoxe á tarde. A coroa tamén a pon el, que garda todas as das roscas de Reis. Una anécdota desagradable: tamén chegou a familia Borbón en iate, polo encoro do Barroso, pero como non tiñan reservado quedaron fóra. É que este país parece unha república! Manda truco!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-23423145038274885132007-10-06T20:56:00.000+02:002007-10-06T20:56:00.000+02:00OH, mon Dieu, un iluminado, era o que nos faltaba,...OH, mon Dieu, un iluminado, era o que nos faltaba, parece que o título do post está actuando de poderoso imán. Outra vaca no maínzo, logo!
Rajoy, se estás aí, maniféstate!SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-19740843474459342082007-10-06T20:50:00.000+02:002007-10-06T20:50:00.000+02:00Acabo de entrar neste blog por primeira vez e vexo...Acabo de entrar neste blog por primeira vez e vexo que se frivoliza sobre cuestións moi serias. Por exemplo, o himno e a monarquía. O primeiro é parte da identidade dunha nación; a segunda o vértice da pirámide do Estado. O himno español está pexado polo seu pasado franquista e é rexeitado. Hai que buscar alternativas que conecten coa nova sociedade, cos novos valores, que nos fagan confiar no futuro. Por iso propoño recuperar o himno cívico seguinte:
Por Dios por la Patria y el Rey
pelearon nuestros padres
Por Dios por la Patria y el Rey
pelearemos nosotros también.
Sempre acompañado do tradicional bombo.
O debate sobre a monarquía está desenfocado. Non se trata de cuestionar a institución senón quen a representa, o soberano. Creo que o máis lóxico é propoñer como rei da Galiza a Don Duarte Pio de Bragança, xa que os portugueses se empeñan en manter, contra o sentido común, a República. Podo chamalo eu, que coincidimos todos os domingos nunha pulpería de Lobios. Non creo que lle importase ser coroado en Compostela o próximo 25 de xullo porque me dixo que ultimamente non lle ofreceran ningún trono. Alucinante!
Ben, creo que centrei o debate nos seus xustos termos. Non era sen tempo!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-59622432704964416312007-10-06T11:22:00.000+02:002007-10-06T11:22:00.000+02:00Perdón, se a alguén non lle interesa este anuncio....Perdón, se a alguén non lle interesa este anuncio.
Vendo os DVDs das vodas das infantas e do príncipe a moi bo prezo. Inclúen versión orixinal e subtitulación ó galego. A tradución é moi boa, feita por expertos. Velaí un exemplo:
Rouco: [V.O.] "F. de B. quieres por esposa a L.?" V.G. E logo vostede non andará ás mozas?
F. de B.: [V.O.] Sí, quiero! V.G. Por un lado ben ti sabes e polo outro que queres que che diga.
Ánimo, só quedan 50.000 unidades. Pola compra de dous DVDs regalo dun libro de Josemi e Porota de Gomezgarcía.
Non se venden nas tendas pola actual ofensiva republicana. Os monárquicos somos perseguidos implacablemente. Comprai porque, como sabedes, o amor [por Su Majestad] é lume pero non quenta o caldo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-79087860364204942732007-10-06T11:07:00.000+02:002007-10-06T11:07:00.000+02:00ui, ui, menos lobos carapuchiña, o único que facem...ui, ui, menos lobos carapuchiña, o único que facemos é unha inocente recopilación de letras para o himno de gran valor histórico-sociolóxico.
Pensa que a que lle quere poñer Rajoy será menos ridícula?SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-11210928919579210212007-10-05T23:16:00.000+02:002007-10-05T23:16:00.000+02:00Masóns, volterianos, xacobinos, luteranos, calvini...Masóns, volterianos, xacobinos, luteranos, calvinistas, bolxeviques! Que vergonza xogar así cos símbolos. A Grande Marlaska ides. Pero se vos vin a todos na última voda da nosa amada Royal Family vestidos por Agatha Ruiz de la Parva! Sapulcros branqueados! Vou pedir que secuestren este blog e que vos quiten a todos o ordenador.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-2606347305541914202007-10-05T14:37:00.000+02:002007-10-05T14:37:00.000+02:00Dios, non tenden nin idea, era así,Versión de fina...Dios, non tenden nin idea, era así,

Versión de finales 70:
Franco Franco
corona de la patria
representas hoy
cabeza de animal
burro, zancudo patatudo
que con el tiempo
llegaras a relinchar...

Versión de los 90:
Franco Franco
que tiene el culo blanco
porque su mujer
se lo lava con Ariel
doña sofia
se lo limpia con lejía
y el capitán
se lo lava con PerlánAna Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-45254753756780703042007-10-04T23:05:00.000+02:002007-10-04T23:05:00.000+02:00"Si los curas y monjas supieran, la de hostias que..."Si los curas y monjas supieran, la de hostias que van a llevar, subirian al cielo gritando: ¡libertá! ¡Libertá! ¡Libertá!Suso Listahttps://www.blogger.com/profile/04478379012892891783noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-37005384864404802922007-10-04T22:35:00.000+02:002007-10-04T22:35:00.000+02:00Malia o espanto da miña nai eu aprendina, Vermella...Malia o espanto da miña nai eu aprendina, Vermella, aí che vai:

Viva España!,
alzad los brazos
hijos del pueblo español
que vuelve a resugir

Gloria a la patria
que supo seguir
sobre el azul del mar
y el caminar del sol.

Non sei por que lle torce o bico Rajoy se tamén a cantaba de neno na súa galescola.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-3997437271607941872007-10-04T21:46:00.000+02:002007-10-04T21:46:00.000+02:00A ver esa letra de Pemán,Deus nos colla !!!!!!!!!!...A ver esa letra de Pemán,Deus nos colla !!!!!!!!!!!vermellahttps://www.blogger.com/profile/05683293676633558983noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-32062713471511406652007-10-04T19:40:00.000+02:002007-10-04T19:40:00.000+02:00Sabedes a letra que fixera Pemán que viña en todos...Sabedes a letra que fixera Pemán que viña en todos os libros de texto das "galescolas" da miña tenra infancia?SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-59373500415690845302007-10-04T19:06:00.000+02:002007-10-04T19:06:00.000+02:00Bon, eles seguen adiante co seu nation-building, c...Bon, eles seguen adiante co seu nation-building, claro... A falla dun himno nacional soe ser un problema grave para efusións patrióticas nos eventos deportivos (un dos escasos espazos onde ate o de agora se sentiron xustificados de cheo para colar a súa propaganda nacionalista).

Que collan o da 2ª República, que xa ten letra e certo cheiro a Zarzuela. Non é que sexa moi bon, pero así libraríamonos do Borbón caza-osos. E iso xa sería un logro...FraVernerohttps://www.blogger.com/profile/18122772111722814555noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-56340678127975746772007-10-04T00:13:00.000+02:002007-10-04T00:13:00.000+02:00Moi bon! A versión que eu sabía era aquela de "Chi...Moi bon! A versión que eu sabía era aquela de
"Chinda, chinda,
las cachas de Dorinda
puestas a cocer
que bien han de saber
aceite, vinagre, pimiento y sal
son los colores de la enseña nacional".SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-80064480871700068592007-10-03T21:03:00.000+02:002007-10-03T21:03:00.000+02:00cachinda,cachinda...Hai unha versión ben monárquic...cachinda,cachinda...
Hai unha versión ben monárquica que as veces cantas os nenos e dí:

Juanca,juanca que ten a cacha branca
e a raiña sofía lavalla
con lexía..........
Para a música que ten a letra valélle!
Saúdos.vermellahttps://www.blogger.com/profile/05683293676633558983noreply@blogger.com