tag:blogger.com,1999:blog-18405267.post6203088699042778637..comments2023-10-30T12:32:50.245+01:00Comments on Nubosidade Variábel: Búscase verdugo; soldo alto, coche oficialSurOestehttp://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comBlogger12125tag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-6024560603342588942009-05-15T21:58:00.000+02:002009-05-15T21:58:00.000+02:00Respecto moito as iniciativas políticas que poidan...Respecto moito as iniciativas políticas que poidan amañar a situación (mesmo a simpática proposta de Anonymous) pero, raio, non estabamos a falar da SXPL? O espectáculo é curioso: a Mesa, sen cadeira para sentar e reflexionar un pouquiño (que queimen ó Lorenzo se o fai mal); o Pancho Vázquez ou López, que xa non sei distinguir, falando da traizón de Feijoo despois de escoitar á Gloria Bendita. Que está a pasar? Non digo que a lingua non sexa política, pero preferimos que todo vaia o peor posible para rascar uns míseros votos na vindeira elección? En fin, un víndeover. Será que en terra de Lobeiras, ouvear coma todos?Xosé Maríanoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-9356071904808854992009-05-15T13:16:00.000+02:002009-05-15T13:16:00.000+02:00Dende este blog, disimule a domina, lanzo unha ini...Dende este blog, disimule a domina, lanzo unha iniciativa para a formación dun partido político que teña por lema "Ardeu a casa: quentarse ós cangos". Un partido nacionalista, de esquerdas, pragmático, eficiente que porá orde no actual rebumbio da oposición. Acéptanse adhesións incondicionais, unicamente, érache boa!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-22726895234788121642009-05-14T22:49:00.000+02:002009-05-14T22:49:00.000+02:00Concordo con Xosé María, o que pasa é que lle vai ...Concordo con Xosé María, o que pasa é que lle vai ser moi difícil meterse na merda e saír lavado (é un verso de Joaquim Pessoa). Polo pronto GB xa empezou a ornear contra el, algo terá.

É a primeira vez na historia que un especialista en sociolingüística está na PL deste país. Sabe o que fai, polo tanto esixámoslle máis e non lle teñamos misericordia se fai de parapeto do españolismo.

Pero deámoslle o beneficio da dúbida porque este paisano facha non é, e españolista tampouco.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-83363397358370980052009-05-14T21:43:00.000+02:002009-05-14T21:43:00.000+02:00O que me amola é que pola noite cando se me ocorre...O que me amola é que pola noite cando se me ocorreu o post e pola mañá cando o escribín pensaba que iso do "verdugo" era moi orixinal.
Non somos ninguén!SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-77510104371292839722009-05-14T21:40:00.000+02:002009-05-14T21:40:00.000+02:00Para este blog a polémica é auga de maio.Para este blog a polémica é auga de maio.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-48541908170483988142009-05-14T20:59:00.000+02:002009-05-14T20:59:00.000+02:00Eu non sei nada de Anxo Lorenzo, polo menos nada e...Eu non sei nada de Anxo Lorenzo, polo menos nada especialmente significativo, pero todo o que vai aparecendo en prensa e nos blogs sobre el parece que o definen como un tipo que ten claras as cousas respecto á nosa situación sociolingüística. Supoño que eso en principio é bo, pero como mínimo plantéxame certa suspicacia o feito de que alguén así acepte o cargo que se lle ofrece dende un sector político que a priori parte de premisas e proclamas ben afastadas. Xa se verá como acontecen as cousas. Por outro lado, leo hoxe no blog de L. Blanco en LVG unha exposición sobre a cuestión da lingua, sobre GB, sobre Anxo Lorenzo, etc., que me deixa tamén descolocado. Creo que xa non me estrañará nada se para o domingo me atopo na Alameda con Feijoo capitaneando a mani en contra da anunciada política lingüística do PP.
Mon Dieu, e o meu merlo picando nas primeiras cereixas!homburghttps://www.blogger.com/profile/11145675492195535676noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-63601772210266158862009-05-14T20:24:00.000+02:002009-05-14T20:24:00.000+02:00Vouvos ser sinceiro, a min a marca que me gusta é ...Vouvos ser sinceiro, a min a marca que me gusta é volvo, pero os audi non están mal. Ao leite, efectivamente botáselle auga, así que facédesme pensar, nen todo é negro nen todo é branco.

E no fondo non somos coherentes, alguén pode pensar que un profesor de castelán pode encabezar a a fpg? En frío, non, pero a ver quen lle di ao Ferrín recén xubilado que non...

Se somos algo fodidos con nós mesmos, temos que recoñecer que política lingüística co psoe e con Marisol López, non é que fose o paraíso. Daquela, calquera cousa pode ser mellor ata un converso, reconvertido, ou un descrido convencido...

Suxiro a seguinte expresión para que faga fortuna: "Bilingüismo asimétrico" (é miña, ou sexa, eu teño o copyright, dende agora)Xa a dotaremos de contido.

xmpbAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-75506002915457261642009-05-14T18:59:00.000+02:002009-05-14T18:59:00.000+02:00Ben, vaia por diante que eu escribín o post antes ...Ben, vaia por diante que eu escribín o post antes de coñecer quen sería o secretario xeral de política lingüística, pero tamén é certo que sigo considerando pertinente o que escribín despois de sabelo.

Con isto quero dicir que non teño animadversión polo que desde hoxe é responsábel da política lingüística do goberno de Feijoo, que será, supoño, Anxo Lorenzo, pero que se cadra en última instancia é o conselleiro de educación. Axiña se aclarará cales son as competencias de cada un e axiña qué significa iso de "liberdade lingüística" e cordialidade lingüística" e se imos poder votar sobre a toponimia os das aldeas ou só o van poder os das cidades pijas, etc. etc. É dicir, quen vai deseñar e facer efectiva a política lingüística deste país chamado... Galicia? e quen vai ter que outorgar e estar calado coma un peto, e mesmo dimitir e irse do partido (ou meterse nel).
Efectivamente elixiron a alguén que sabe do que fala e a que xoga. Parabéns. Sempre é bo que haxa vida intelixente ao outro lado.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-851093187560057242009-05-14T18:47:00.000+02:002009-05-14T18:47:00.000+02:00Quen dixo que A. Lorenzo ía mudar todo dende dentr...Quen dixo que A. Lorenzo ía mudar todo dende dentro? Ninguén. Fará o que poida.
Apoia o proxecto político de Núñez? Con condicións. Non se meteu na bouza sen saber antes das saídas. Supoño que o Núñez sabe que non contratou un militante do seu partido.
O leite ten auga, de feito é o seu principal compoñente (90%), pero non deixa de ser leite.
A min non me gusta especialmente este país chamado Galicia. Non me importaría ser, non sei, canadense?, noruegués?, neocelandés? pero, xa que estamos aquí, a turrar por el, como se poida, onde se poida.
Os coches oficiais teñen, disque, tapicería de coiro, teléfono integrado, chófer, navegador, cinceiro. Depende dos modelos, claro. A min gústanme os Audis, non sei, son máis presenteiros. Nisto recoñezo que hai gustos e gustos. Non debemos ser radicais neste tema.Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/16274160688195687985noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-23781204448087863762009-05-14T18:14:00.000+02:002009-05-14T18:14:00.000+02:00Como me gusta este país!Anxo Lorenzo vai mudar tod...Como me gusta este país!Anxo Lorenzo vai mudar todo dende dentro, como Rosa Aguilar, como Diego López Garrido, etc

Na política as manifestacións públicas tamén son tomas de postura, estamos nunha democracia, todos podemos facer o que queiramos e todo é respectábel, se se quere apoiar o proxecto político de núñez feijoo, perfecto, pero non lle chamemos doutro xeito.

Se é líquido branco que sae dos tetos dunha vaca e a xente tómao con café, que non se nos diga que é auga cando é leite.

Que terá o coche oficial...

xmpbxmpbnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-7976929488749724052009-05-14T14:42:00.000+02:002009-05-14T14:42:00.000+02:00Creo que estás equivocada. Anxo Lorenzo é un profe...Creo que estás equivocada. Anxo Lorenzo é un profesional, un académico e hábil. O que vai facer é tentar que non se apliquen os desvaríos electorais dos neopepes. Vai ser un muro de contención que, se cadra, acaba derrubado. Para min é unha garantía e deséxolle todo o mellor.
Someto esta miña opinión á consideración doutra máis sabia, se a houber (se cadra, si).Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/16274160688195687985noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-70061953129503171602009-05-14T09:45:00.000+02:002009-05-14T09:45:00.000+02:00Bueno, xa é oficial. Congratulations, e non vos ma...Bueno, xa é oficial. Congratulations, e non vos manquedes. Manteño todo o que acabo de escribir.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.com