tag:blogger.com,1999:blog-18405267.post3185542518566192618..comments2023-10-30T12:32:50.245+01:00Comments on Nubosidade Variábel: Sic transit gloria mundi: II misiva desde Castel Sant´AngeloSurOestehttp://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-18405267.post-35161866656105274942008-01-24T21:51:00.000+01:002008-01-24T21:51:00.000+01:00A nosa rocambolesca fuxida da trampa de Suroeste n...A nosa rocambolesca fuxida da trampa de Suroeste non serviu de nada, ben o sei, especialmente para o meu tío R (TR). Primeiro, a carraxe susaniana, un Xúpiter tronante que o mandou a Sant`Angelo. Logo o relativismo moral, veleno do laicismo, e agora, o fatum. Conmovido pola súa mensaxe de onte, decidín axudalo e faciliteille un "aparatum volatoris" de Leonardo que atopei arrombado no castelo. Eu calculaba que caese no Tíber pero non foi así. O fatum fixo que se esmendrellase contra un pesqueiro galego que andaba ás troitas (coas bragas enxoitas) polo río. Co que levou, recibiu unha revelación: debía converterse en R o Estilita. Tanto porfiou que agora estou eu falando co Concello de Santiago e con Cultura para ver se nos permiten poñer a columna no Obradoiro. O Concello só esixe que se instale un inodoro (por pudor) no alto da columna; Cultura entende que pode atraer millóns de peregrinos; Economía frega as mans pensando no aumento da venda de cacahuetes. Tamén falei con Eisenmann e ofréceme dous modelos para a columna, un en ladrillo visto e outro en bloques (material prohibido durante a era Fraga, segundo me confesou) por 20 millóns de euros (cantidade asumible se facemos unha coleta). Suroeste, o do lapote halo ter no Obradoiro a partir do mes de maio pero a 30 metros de altura, fóra do alcance das túas gadoupas. Non penses que abandono: sabemos que a publicación da obra que está no teu poder causará un rexurdir tan grande das paixóns arredistas en Galicia que mesmo pode levar á separación da igrexa galega da de Roma (esta posibilidade xa foi denunciada hai moitos anos por Otero). Susan está preocupado por este hipotético cisma de Occidente e eu non quero acabar en Sant`Angelo como TR.<BR/>SR.Anonymousnoreply@blogger.com