Total Pageviews

Thursday, February 14, 2013

Cruce de vías


Gústame mirarlle as tripas ao blog: curiosear nas visitas semanais, comprobar de onde viñeron e que lles interesou, baixo que estraña motivación ou carambola darían co sitio...
Gustaríame saudar cun cariño especial aos habituais, aos que sempre, sempre acaban dando unha voltiña por moitos días que pase eu de lacazanería sen poñer flores frescas neste salón de visitas. Non importa, o salón segue aberto e calquera día con xenio abrimos unha garrafa de viño. Agardade e veredes.

Pero hei de confesarvos, amigos e estraños que aquí vos xuntades, que hai unha cousa que me desacouga: as moitas estrañas visitas que teño aquí de lugares incomprensibles. A que veñen? Por que insisten se non poden atopar nada que lles interese? Son mercaderes de carne humana e veñen uliscando títulos de post como "Chica de calendario" ou "Mulleres de beizos pintados", con moito as entradas máis solicitadas, abertas, sobadas e babadas. Vou chea de limpar lixo nos comentarios. É inútil: novas ondas de detritus entran ás poucas horas.
Estraño cruce de vías neste aterrador mercado global onde o de menos é entender o significado das palabras.

10 comments:

Anonymous said...

Paso de vez en cando pola tua porta e xa vin as flores novas! E unha alegria sobre todo agora que xa cheira a primavera.

Anonymous said...

Pero deixan escrito algo ou é simple spam?

Anonymous said...

Hai sempre algo, paseo á beira das tuas flores e consigo ver ca voz das tuas palabras.
Rega de cando en vez, pois na realidade o spam non existe!

SurOeste said...

Que é o spam?– pregunto, mentres conto no meu blogger os seus anuncios da pílula azul– Que é spam?

Spam is nothing for you! (sigue regando, SurOeste)

Anonymous said...

Son o anónimo segundo. O spam é lixo mecánico "informativo-propagandístico" que se coa polas fendas da internet. O que eu preguntaba é se, neses posts seus tan "atractivos", quen entraban tanto neles eras persoas que deixaban mensaxes escritas ou se era simple spam. Un saúdo.

SurOeste said...

Son mensaxes anónimas: algunhas queren vender algo, outras parece que queren vender, pero despois de botar un rollaco como quen está a dar unha conversa moi divertida e cómplice, e se cadra é o mesmo demo, arrenejado seña, que me sulfura os post que dan positivo nas frecuencias: caca, cu, pis.

Anonymous said...

If you агe going fοг finest сontents liκe me, ϳust νisіt thiѕ web site
everу daу foг the reasоn that it рrοѵiԁes
qualіty сontеntѕ, thanks

Нeге is mу website; www.sfgate.com
My website :: What Are The Best Rated E-Cigarette Starter Kits Available To Buy On The.

Anonymous said...

Parece mentira que suroeste coa fama merecida de mundana e libertina que ten teña tantos reparos cos demais cando entran en certos post. Seguramente a reflexion e necesaria querida suroeste e cos teus anos máis

Anonymous said...

Falan da falta de madurez dos homes, cousa que é verdade, pero hai mulleres que lles andan a competencia....tes razón no teu post, anonimo

Anonymous said...

parece que se anima este blog, era hora, non escrihin nunca porque me resultaba egocentrico, para lucirse unha señora, que realmente non aporta nada e catro amigos que imaxino intentaban bailarlle as augas para non quedar mal.