Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, setembro 07, 2006

8 de setembro, día das peras posmodernas



10 comentários:

SurOeste disse...

Moi ben, Pirata, unha boa formación sempre se nota. Voucho explicar con moito gusto: mañá é festa en moitos lugares polo motivo que ti dixeches. Por outra parte ti, home observador, observarías que as pereiras neste tempo ofrecen os seus froitos maduros. Na miña terra hai, ou había, moitas peras e hai festa: a festa das peras, coñecida en toda a contorna. E xa o culmen (como dicides vós)eu nacín tal día como mañá o cal non ten moita importancia (podía ter nacido calquera outro día), pero quen sabe.

SurOeste disse...

En total, gústanche ou non?

eue disse...

Parabéns!

SurOeste disse...

Si, Pirata, todos falamos latín. Os dialectos do norte, menos influenciados polos mouros, sóanvos moi arcaicos. Unha falsa impresión: nin máis arcaicos nin mais modernos, evolucionaron doutra maneira. A miña fala é do bloque central, área mindoniense (busca en google ALGa). É unha área de transición entre a innovadora área occidental e a conservadora área oriental. O mirandés é un dialecto do leonés. Esta outra fala que se menciona no blog que me sinalas tamén? Esa ditongación de "uovo" parece que mira nesa dirección. Outras palabras tamén as uso eu: "engruñado" que aquí se pronunciaría "enhruñado" é encollido e tamén enrugado.
Mañá non creo que teña tempo, pero heiche de preparar un "post dialectal".
Calquera día dás comigo estudando dialectoloxía.
Un saúdo filolóxico

Lúa disse...

e seguimos coas voltas de sempre......noraboa polo blogue

SurOeste disse...

Os suevos instaláronse no sur de Galicia e no norte de Portugal, pero que eu saiba non aquí. A Romania é un continuum ligüístico: uns fenómenos vanse manifestando e outros morrendo a medida que te desprazas nunha e noutra dirección. As falas do noroeste da península presentan moitas afinidades porque veñen da mesma semente, do mesmo latín (non se pode dicir o mesmo con outras partes da península, incluído o sur de Portugal). Enfín, hoxe en día a escola e os medios de comunicación tenden a uniformizar dentro das mesmas fronteiras políticas o que se fala nelas. Mesmo unha lingua de moi recente normativización coma o galego, está sufrindo este proceso: os nenos que etñen galego na escola xa non falan coa mesma riqueza e variedade dialectal ca os seus avós.
Que non che pareza mal, pero penso que o feito de que atopes unha especial semellanza entre o galego e o mirandés, e non, por exemplo entre as falas portuguesas próximas á zona do mirandés, denota as estás considerando como linguas rurais, de sabor arcaico, etc. pero iso son consideración extralingüísticas. AS falas galegas que están próximas, o galego zamorano, por exemplo, seguramente teñen moitas afinidades, o meu galego moitas menos.
Se cadra non me estou explicando moi ben. Vou comer unhas peras.

SurOeste disse...

Uvas...o teu quintal ten de todo. Estou que caio de sono, así que queda pendente o tema da romanización e o post de dialectoloxía ata a volta dunha viaxe que empezo mañá.
Quedade ben todos e repartide uns bicos.

Isabela Figueiredo disse...

Que bonito este corpo tão maduro de mulher!

Isabela Figueiredo disse...

Volta, Suroeste, que foste de férias e não nos disseste nada!
Tens que vir a Almada para fazermos um recital de poesia em minha casa. E traz companhia. Da boa.

SurOeste disse...

Xa volvín, rendida mais en bon estado, cunhas poucas mazaduras na maleta e no corazón.
Hoxe, comprendédeme, non vou dar posto nada novo. Teño a cabeza amolecida co jet lang ese, non sei nin como se escribe.
Saúde, xente!