Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, julho 27, 2006

Sen cancelas

Dicía hoxe unha conferenciante (perdoade pero non lembro o nome) que veu falar da prensa na II República aos cursos de verán Carlos Gurméndez, que a imprensa fora rapidamente controlada pola igrexa e a monarquía, que eran as que daban licenza ou non para a súa instalación e funcionamento, as ondas de radio foron desde o principio propiedade do estado que foi outorgando concesións a quen lle pareceu (e o mesmo pasou coa TV). Só internet se lles foi das mans e pasou ás nosas. Eu podo escribir aquí o que me pete e vós podedes lelo se vos prace. É unha inversión barata: só hai que ter un aparatiño destes, unha conexión telefónica e....aquí estamos! (here we are!).
Hoxe síntome co poder dunha formiga.

16 comentários:

torredebabel disse...

é que témolo, e é poder tamén de elefante ou xigante. Pero non hai que perder de vista que somos poucos: a meirande parte da humanidades, milleiros de millóns de persoas non pousaron nin unha vez os dedos nun teclado. Aí está a verdadeira revolución a facer...

Anónimo disse...

A formiga atómica, evidentemente.

Bicos.

SurOeste disse...

Querida Torre, a min tantos milleiros de millóns non me caben na cabeza, pero ti e mais eu coñecémonos por esta feliz casualidade e resulta que nos temos cousas que dicir unha á outra. Poderíamos formar parte do mesmo formigueiro...
Pepín, deixeiche unha mensaxe por estes labirintos babélicos. Xa saberás onde hai que mirar. Atómica??? Non, grazass.

SurOeste disse...

Por certo, a profesora á que me refería chámase Rosa Cal, da Universidade Complutense. Hoxe estivemos falando con ela. Pareceume sabia e encantadora.

Isabela Figueiredo disse...

Pois, é isso, muitos nunca pousarão as mãos no teclado. Vós sabeis que no interior de Portugal e da Galiza há gente muito pobre, analfabeta ou praticamente analfabeta. E esses estão sempre controlados por qualquer poder.
Agora é verdade que internet revolucionou completamente a comunicação. Penso que ela É a comunicação, hoje. Eu tenho mais amigos na internet que amigos reais. E isto é verdade. Claro que adoraria conhecer esses amigos, mas alguns estão a milhares de quilómetros, caramba.
Mas um poder de formiga, é poder, apesar de tudo.

SurOeste disse...

Benvida, Isabela. Cheguei ao teu blog por recomendación. Tes admiradores moi influíntes por Galicia adiante.
Continúo a reflexión...
lia o outro día na revista Tempos Novos un artigo moi interesante de Miguel Vázquez Freire: Software libre e democracia, no que se poñía un exemplo. Co cambio de goberno na Xunta de Galicia cambiou tamén o director do principal xornal galego, La Voz de Galicia. Só nos blogs xurdiu a pregunta ...e a resposta. O propio xornal sentiuse na necesidade de desmentir o que xa era vox populi, difundida non a través dos medios convencionais, senón a través dun medio que cada vez vai gañando máis usuarios e maís influencia. Todos lembramos que as convocatorias de Nunca Máis fixéronse pola rede. Aquela preciosa idea de reunir milleiros de escolares dándose a man ao longo da Costa da Morte fíxose por internet. As autoridades educativas estaban alarmadas. Miles de formiguiñas cuxo único poder é un PC non controlado (por agora). Poden os gobernantes declarar unha guerra se as formiguiñas non están de acordo? Ata agora si, pero a partir de agora... que lle pregunten a Aznar.

SurOeste disse...

Moi bon o matiz "deixar ter a impresión de que...", Pirata-Vermelho, aí está a cousa.
Non teño o Jornal Público aquí no norte do norte, pero vou ver se ten edición dixital (outra vantaxe de internet...)
Non me digas que es mirandés!

SurOeste disse...

Cooomooo???Un xornal que leva 7 días sen actualizarse? Disculpen os portugueses pero que é o que está acontecendo no seu país?

Isabela Figueiredo disse...

Suroeste, não vás ao Público. É preciso pagar edição on line para te-la. Portanto, vai ao Diário de Notícias ou ao Jornal de Notícias, que continuam gratuítos.
www.dn.pt
www.jn.pt
Penso eu.

Eles têm algum poder, sim. Lembra-te do que fizeram ao google na China. Vedaram o acesso a alguns conteúdos.
Um beijo, minha querida.

SurOeste disse...

Moi interesante, Pirata. Vouche regalar uns versos de Ramón Cabanillas:

Lévame, meu carro, leva
pola meiga terra nosa
que a miña alma saudosa
lonxe dela non se afai
lévame por onde se escoite
a fala doce e sentida
entre bicos deprendida
no colo da miña nai.

Todas as linguas son un tesouro.
Isabela, obrigada por prestarlle os ollos a unha teupa.
Bicos en todas as direccións!

SurOeste disse...

Mamaíña querida, outro filólogo!!!! e pirata, aínda por riba...
Non coñezo o Atlas que mencionas. Lembro algo dos atlas de Lindley Cintra (ou non era el??) de cando fixen a licenciatura, pero logo non me adiquei ao português senón ao galego, polo tanto, o meu libro de cabeceira é o ALGA (Atlas Lingüístico de Galicia). Véxome un pouco verde para pontificar sobre o asunto, pero ben se ti mo pides, direi que a Gallaecia segue tendo unha gran unidade ligüística, que o norte, o convento lucense non tivo influencia ningunha dos mouros e que Portugal paréceme un estado ferozmente centralista que tende a afogar mediante o sistema educativo ás variedaddes non lisboetas do português.
Agardo as túas opinións.

SurOeste disse...

Para o pirata:

http://www.usc.es/gl/xornal/publicacions.action?id=33284

SurOeste disse...

A miña formación académica é "moi" filolóxica (facultade de filoloxía da USC, que vos vou contar!) e, aínda que non me adico á dialectoloxía sempre me pareceu fascinante e non podo evitar andar coa orella filolóxica posta todo o día. Como fala cada un e por que, That´s the question!

SurOeste disse...

O mundo é pequeno, estimado pirata: Ivo Castro e Elsa Gonsalves teñen moita relación cos filólogos da USC e déixanse ver con frecuencia por estes lares. Traballas tamén ti no proxecto? (non tes que contestar)

SurOeste disse...

A Ivo Castro escoiteino falar como membro dun tribunal de tese. Fala para si, tremendamente lisboeta, e, para unha galega coma min é moi difícil de captar todos os sonidos que el produce.
En fin, o Olimpo dos Deuses.

Anónimo disse...

Very pretty site! Keep working. thnx!
»